venres, 5 de maio de 2017

Por favor

Familias seica hai moitos coches na rúa  ( imaxes satélite) agradeceriamos moito, moitisimo que deixedes sitio para  o bus Graciñas 

Xa estamos en Ourense!!

Bueno familias estamos cumprindo o horario previsto, estaremos no cole en media hora, algún neno ven en manga curta, ( non se deron conta de  a onde iban) así que sería convinte que os abracedes cun bo abriguiño, é por vos que a nos non nos importa que non veñan o luns, jejeje

Arrancamos!


Despois dunha paradiña de avituallamento e sobre todo para estirar as pernas reemprendemos o camiño de volta. Chegaremos tal como estaba previsto en torno ás 21:00 h. Seguiremos informando!

Saimos

Bueno papis e mamis, acabamos de arrancar dirección Segovia, estamos mallados, hai silencio, cando cheguemos xa vos damos un toque. Bicos vémonos hoxe

Cousas de ciclos


Xa o cantaban no Rei León, o ciclo da vida. Aos final todo son ciclos e voltas e igual que estos corredores estaban baleiros cando chegamos así quedarán dentro dun anaco, cando a expedición lalinense marche para non volver. E é que os rapaces que viñeron xa non estarán máis aquí nin tampouco nas súas casas. Os rapaces que viñeron son outros, máis maduros, máis espabilados, máis felices, máis intensos,... Levamos grandes sorpresas e todas moi positivas polas súas reaccións e o seu desenvolvemento. Se a excursión é un premio ao traballo e ao esforzo na súa etapa de primaria, agora merecen un premio pola excursión, por aproveitala, por desfrutala e por vivila. Felicidades á familias por esta nova xeración que sacastes adiante. Nin o acueducto de Segovia nin o alcázar qie visitaremos hoxe son tan grandes como eles!!!