martes, 2 de maio de 2017

Tan cerca e tan lonxe...


Estamos xa moi preto pero hai que tomalo con tranquilidade... unha paradiña de cando en cando e xa está, sen maior problema.
Mentres tanto desfrutamos coas vistas da paisaxe, cos niños das cegoñas, coas centenarias oliveiras cheas de historias por contar, castelos, cancións, bailes (ben sentadiños), non hai apuro!

Dirección Madrid 

Disque as Covas molan máis que a Warner!! Continuamos a viaxe, temos por diante dúas horas con sorte, e con mala... quen sabe porque hai partido, operación retorno ufff imos con paciencia, seguiremos informando 

Seguimos 

Acabamos de arrancar camiño de Arenas De San Pedro para a visita a Las Cuevas del Águila temos cerca dunha hora e media de camiño. Seguiremos informando bicos papis

Xa o sabedes pero...

alá imos! Non nos despedimos, máis ben dixémoslle "ola" a unha desas experiencias que todos cantos vivimos lembramos como unha das máis especiais. Alá imos, a conquistar a capital, a desfrutar, a medrar e a vivir!!!