Pages - Menu

venres, 5 de maio de 2017

Por favor

Familias seica hai moitos coches na rúa  ( imaxes satélite) agradeceriamos moito, moitisimo que deixedes sitio para  o bus Graciñas 

Xa estamos en Ourense!!

Bueno familias estamos cumprindo o horario previsto, estaremos no cole en media hora, algún neno ven en manga curta, ( non se deron conta de  a onde iban) así que sería convinte que os abracedes cun bo abriguiño, é por vos que a nos non nos importa que non veñan o luns, jejeje

Galicia!!!

Como di unha canción de Siniestro Total:miña Terra galega, donde o ceo é sempre gris

Arrancamos!


Despois dunha paradiña de avituallamento e sobre todo para estirar as pernas reemprendemos o camiño de volta. Chegaremos tal como estaba previsto en torno ás 21:00 h. Seguiremos informando!

Penúltima parada!


Na última xa estaredes vós cos brazos abertos!

Seguimos ben

Boas familias, seguimos ben e seguimos no camiño. Seica chove en Lalín, estade tranquilos que no camiño non. Está aguantando 

Isto chega ao seu fin


Foi un pracer compartir con todos os nenos e nenas momentos tan especiais e inesquecibles. A pesares de tantos anos de experiencia sempre aprendemos algo novo de todos eles

Segovia ata outra

Familias acabamos de deixar atrás o alcázar, estamos en ruta xa 

A Walt Disney tamén lle gustaron as vistas!


Rematamos coas visitas pero imos xantar con boas vistas hacia o Alcázar, moi similares ás que inspiraron a Disney no deseño do seu logo!

Que atentos!!!



Na clase non están tan calados

Reinado por igual 

Sala do trono de Isabel e Fernando

Ideas...


Xa temos disfraz para o Entroido!

Comeza a cheirar a cochinillo...


Despois dun percorrido polo casco histórico onde algúns dos máis famosos asadores de cochinillo xa tiñan a carne ao lume, chegamos ao Alcázar para reconquistalo!

Segovia!


Aquí andamos xa baixando do autobús co acueducto dándonos a benvida!

Saimos

Bueno papis e mamis, acabamos de arrancar dirección Segovia, estamos mallados, hai silencio, cando cheguemos xa vos damos un toque. Bicos vémonos hoxe

Cousas de ciclos


Xa o cantaban no Rei León, o ciclo da vida. Aos final todo son ciclos e voltas e igual que estos corredores estaban baleiros cando chegamos así quedarán dentro dun anaco, cando a expedición lalinense marche para non volver. E é que os rapaces que viñeron xa non estarán máis aquí nin tampouco nas súas casas. Os rapaces que viñeron son outros, máis maduros, máis espabilados, máis felices, máis intensos,... Levamos grandes sorpresas e todas moi positivas polas súas reaccións e o seu desenvolvemento. Se a excursión é un premio ao traballo e ao esforzo na súa etapa de primaria, agora merecen un premio pola excursión, por aproveitala, por desfrutala e por vivila. Felicidades á familias por esta nova xeración que sacastes adiante. Nin o acueducto de Segovia nin o alcázar qie visitaremos hoxe son tan grandes como eles!!!

Festa final!!

Non nos da o corpo para moito, pero fixemos un esforzo!!