Pages - Menu

martes, 2 de maio de 2017

Pero para outros...


...o fútbol é o fútbol e non o perdoan por nada!

Festaaaaaaaaaaa!!!


E despois de todo un día de viaxe e emoción cando parecía que xa as forzas non daban máis de si... Chegou a festa rachadaaaaa!!!

Tilín tilín! A ceaaaaaaaaar!!!


Cando a fame apreta poucas explicacións fan falta! Algúns xa comen ledos polo gol do Madrid... A ver se non se atragantan!

Listas para cear!!


Despois dunha boa ducha xa estamos perfumadas e guapas para dar un pequeno paseo

Instalándonos!!



Eu prefiro esta cama, o baño mola...

Acomodándonos...


De momento o hotel está cumprindo coas expectativas... Ten camas!!!
E según algún cheira máis ca ben!

Maletas fóra!


Aterramos! Aínda nos queda que ver e que facer pero sospeitamos que 52 seres van durmir moi ben hoxe...

Case case!

Nuns minutiños chegaremos ao hotel! Xa estamos entre edificios desos dos grandes, avenidas anchas e rotondas coma prazas de toros!

Tan cerca e tan lonxe...


Estamos xa moi preto pero hai que tomalo con tranquilidade... unha paradiña de cando en cando e xa está, sen maior problema.
Mentres tanto desfrutamos coas vistas da paisaxe, cos niños das cegoñas, coas centenarias oliveiras cheas de historias por contar, castelos, cancións, bailes (ben sentadiños), non hai apuro!

Dirección Madrid 

Disque as Covas molan máis que a Warner!! Continuamos a viaxe, temos por diante dúas horas con sorte, e con mala... quen sabe porque hai partido, operación retorno ufff imos con paciencia, seguiremos informando 

Cuevas del Águila


Á espera de que nos chegue o turno, moitos aínda están lonxe de saber o impresionante espectáculo xeolóxico que imos desfrutar. Toca empezar a flipar!!!

Seguimos 

Acabamos de arrancar camiño de Arenas De San Pedro para a visita a Las Cuevas del Águila temos cerca dunha hora e media de camiño. Seguiremos informando bicos papis

Equipo de... chulazos!!!

Elegantes, divertidos, simpáticos, obedientes...e con chicles!!

Que ben se está cando se está ben!


Boa compañía, xantar rico e unha cidade marabillosa, que máis se pode pedir? Seguimos!

Que boa hora para comer!


Xa en Ávila, comendo ante a súa impoñente mirada onde séculos de historia alimentan a nosa vivencia e os bocadillos os bandullos!

Seguimos ben

Estamos a unha hora e media aproximadamente de Ávila o mellor un pouco máis, non fagades moito caso

Noites alegres...






Os nervios da noite pasan factura e cando na escola estariamos a piques de afrontar a terceira sesión de clase aquí estamos no primeiro sono!

[Video] Retomamos a viaxe, con calma, a modiño... despacito!

Imos aos poucos, entonando cada un como pode pero xa vedes que tranquiliños. Estanse portando tan ben que só tivemos que deixar a 3 na estación de servizo. A ver se están á volta! 

Continuamos

Acabamos de arrancar agora directos a Ávila... a comer chuletón!!!

Primeira parada

É cedo pero xa estamos tomando a parva. Facemos unha paradiña de media hora. Todo xenial 

Xa o sabedes pero...

alá imos! Non nos despedimos, máis ben dixémoslle "ola" a unha desas experiencias que todos cantos vivimos lembramos como unha das máis especiais. Alá imos, a conquistar a capital, a desfrutar, a medrar e a vivir!!!