Cativas e cativos! xa se vai achegando o momento tan ansiado e desexado por todos, ese intre no que xa montados no autobús as mans comecen a acenear a un lado e a outro despedíndovos das vosas nais, dos pais, irmás, avoas,... Pero ese mesmo xesto servirá para saudar a unha nova e gran experiencia que imos vivir, unha viaxe ao mundo dos soños no que nos deixaremos emocionar coa música, coa arte, coa beleza dos novos descubrimentos, coa historia e, por suposto, coa amizade e a ledicia de compartir tan bos días coa nosa familia de adopción do Golmar.
Non queda nada, así que a preparar as maletas e non esquezades meter moita ilusión, maxia e simpatía para vivir uns días inesquecibles!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario