Pages - Menu

Itinerario

Aquí tedes esmiuzado o plan para estos días:

DÍA 2 DE MAIO MARTES
Sairemos dende o centro. O alumnado deberá presentarse ás 7:00h da mañá. 
Chegaremos a Ávila para xantar, o alumnado levará a súa comida.
Pola tarde visitaremos Las Cuevas del Águila e continuaremos a viaxe cara Madrid.
Chegada ao Hotel para cear. Fin da xornada.

DÍA 3 DE MAIO MÉRCORES
Almorzo e saída cara Madrid cara o museo do Prado e o Reina Sofía.
Regreso ao Hotel para xantar, pequeno tempo de descanso.
Saída cara Madrid para facer unha visita ás zonas más emblemáticas.
As 20:30 comezará o espectáculo musical do Rey León.
Regreso ao Hotel, cea fría. Fin da xornada.

DÍA 4 DE MAIO XOVES
Sairemos cara o parque Warner onde pasaremos o día. Comeremos nun dos restaurantes cos que conta o parque e o alumnado poderá disfrutar alí das atraccións e espectáculos.
Regresaremos ao Hotel para cear, fin da xornada.

DÍA 5 DE MAIO VENRES
Sairemos do Hotel logo de almorzar dirección Segovia. Visitaremos o Alcázar e a cidade. Xantaremos tipo picnic e facendo as paradas pertinentes regresaremos a Lalín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario